A Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle un encontro con nais, pais e bebés de 0 a 3 anos
A Biblioteca Pública Municipal da Guarda, sita no primeiro andar do Centro Cultural, acolle o vindeiro venres día 2 de novembro ás 18:00h da tarde unha nova sesión de «Bebeteca», destinada a pais nais e bebés de 0 a 3 anos de idade.
Esta actividade consiste nun diálogo coas familias asistentes na que se tratará o tema dos diferentes medos infantís propios desta idade e como os contos poden axudar para superalos.
Cada persoa recibirá un ha guía de lectura con información dos libros que están dispoñibles na biblioteca e outros.
A Bebeteca é un espazo con libriños especialmente pensados para iniciar na lectura ao bebés. Libros con imaxes, texturas, formas, sons e títeres de dedo.
Tag:A Guarda, bebeteca, Biblioteca, cultura