A Deputación de Pontevedra inverte na redacción de diferentes proxectos para A Guarda
A Deputación de Pontevedra sufraga os gastos de redacción de proxecto e execución de diferentes proxectos de recuperación de espazos dentro da Rede Ágora. Estes proxectos buscan a creación de sendas peonís e/ou ciclables no concello, en especial na parroquia de Salcidos, nos que a Deputación asumiu o 90% do custo da redacción. O primeiro proxecto trátase da senda camiño de Fonteboa, que uniría Sestás con Baliños, cunha subvención de 10.323,98€. Seguindo o mapa, a senda da rúa Caravacos contou cunha subvención de 5.887,64€. Ademais, tamén se plantexa unha sede en Aloqueiro, cuxa aportación da Deputación para a redacción ascendeu a 15.222,11€. Por último, búscase incorporar a senda no camiño Trasloajo, coa subvención de 7.833,70€ da Deputación.


