A Deputación de Pontevedra subvenciona a reforma e acondicionamento da Casa dos Alonso
A Deputación de Pontevedra vén de conceder unha subvención por importe de 39.062,70 euros que o Concello da Guarda destinará á reforma e adquisición de mobiliario para a Casa dos Alonso. A axuda da entidade provincial enmárcase na Liña 1 (Investimentos) do Plan Concellos 2017.