A escola Dansá estrea o Nadal cun festival no pavillón da Sangriña
Música e baile caracterizan esta época do ano festiva, e por iso, a escola Dansá organiza, en colaboración co Concello da Guarda, o festival de Nadal.
O domingo 22 de decembro a partir das 17:00 horas todos poderemos desfrutar das impresionantes coreografías no Pavillón da Sangriña.
Agardámosvos!