A escola de baile Attitude presenta este domingo o seu festival de primavera
A escola de baile Attitude presenta este domingo o seu festival de primavera, coa colaboración do Concello da Guarda.
Os diferentes grupos que compoñen a escola farán desfrutar ao público coas súas coreografías. As bailarinas, desde as máis pequenas dos 4 anos ata as maiores de 19, levan semanas preparándose para este evento.
O festival comezará este domingo 11 de maio ás 18:00h e contará con sorteos e invitados sorpresa.