A Escola Infantil Municipal abre o 11 de xaneiro un proceso extraordinario para cubrir unha praza vacante
A Escola Infantil Municipal abre o próximo día 11 de xaneiro 2017 un proceso EXTRAORDINARIO para cubrir 1 praza vacante a ½ xornada de tarde na aula de 2-3 anos de idade.
O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DA GUARDA INFORMA:
Que a Escola Infantil Municipal abre o próximo día 11 de xaneiro 2017 un proceso EXTRAORDINARIO para cubrir 1 praza vacante a ½ xornada de tarde na aula de 2-3 anos de idade.
Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar a solicitude do 11 ao 17 de xaneiro.
Para maior información dirixirse o Departamento de servizos sociais do concello da Guarda en horario de 9.00 a 14.00 h.
A Guarda, 10 de xaneiro de 2017
A Concelleira
Mª Teresa Vicente Baz