A exposición fotográfica “Facedoras do Baixo Miño” estará na Guarda ata o 2 de setembro
• A inauguración tivo lugar o pasado mércores 18 de agosto na Casa dos Alonso.
A Guarda acolle ata o 2 de setembro unha exposición fotográfica que leva por nome “Facedoras do Baixo Miño”, e que recolle unha selección de fotografías de Mar Caldas que amosan a aportación da muller a súa comunidade, cun recoñecemento ao seu traballo.
Este proxecto da continuidade ao de “Facedoras de Bueu” no que Mar Caldas quere transmitir o legado da muller na Galicia Rural, neste caso centrado na Comarca do Baixo Miño, e ao traballo da muller en diversos ámbitos coma o viveirismo, os cultivos de froitas e verduras, a artesanía ou o traballo do mar, coma é o caso das redeiras.
A exposición estará nos baixos da Casa dos Alonso dende o mércores 18 de agosto ata o 2 de setembro en horario de luns a venres de 9:00h a 14:30h.
Na inauguración desta exposición a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, quixo por en valor o traballo realizado por Mar Caldas para recoller esta selección de mulleres e por en valor o mundo no que traballan dun xeito tan realista e tan ben representado.
Pola súa banda Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, quixo dar os parabéns á autora destas fotografías e ás súas “musas”, por un resultado final moi especial, que quedou de manifesto nunhas fotografías de gran calidade.