A FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA OFRECE OBRADOIROS E DIFERENTES XOGOS PARA OS NENOS E NENAS
O Concello da Guarda ultima os detalles para a celebración esta fin de semana da XXV edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.
Este evento, que é moito máis que gastronomía, ofrece tanto os veciños e veciñas da localidade coma ós centenares de persoas que chegan á vila para esta celebración, unha programación moi ampla na que destacan a música, as actividades deportivas e o entretemento para os nenos e nenas.
O sábado pola mañá, a festa ofrece diferentes actividades para os máis cativos. A partir das 12 horas, no recinto do Porto, haberá inchables gratuítos e un obradoiro de cociña para nenos e nenas. A partir das 17 horas, ambas actividades volverán a estar abertas ó público.
As 18 horas comezará a XX Travesía a nado Porto da Guarda, na que, ademais de categorías para maiores de idade, tamén se ofrece un percorrido para os nenos e nenas que queiran participar.
O domingo, ademais dos inchables, a organización ten preparados diferentes xogos populares para que os nenos e nenas se entreteñan mentres, pais, avós e tíos, gozan da gastronomía e da música.
Ás 17 horas no porto, para todos os nenos e nenas que o queiran, haberá varios kayaks e distintos monitores, que axudarán a iniciarse nesta divertida actividade acuática.
O Concello da Guarda pretende, con este tipo de actividades e co resto da larga programación que ofrece nesta XXV edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, converter esta data nun reclamo para familias enteiras.