A Fundación Comes Montiel preséntase este mércores 18 na Guarda
O próximo mércores 18 de setembro preséntase na Guarda a Fundación Comes Montiel. A xornada comezará ás 19:00 horas no salón de Plenos do Concello da Guarda.
Esta fundación naceu en 2024 co obxectivo de facilitar a contratación flexible de nais profesionais para contribuír á conciliación familiar. Deste xeito, pon en contacto empresas con traballadoras candidatas que ofrecen servizos de carácter dixital, o que lles permite teletraballar e establecer os horarios que mellor lle deixan conciliar.
Para saber máis achégate o próximo mércores ás 19:00 horas ao Salón de Plenos da Guarda.