A Guarda abre as inscricións do campamento urbano de verán o vindeiro 27 de maio
• As bases e solicitude poderanse consultar unha vez abra o prazo na web municipal www.aguarda.es
A partir do 27 de maio e ata o 10 de xuño estará aberto o prazo para solicitar praza no campamento urbano de verán. O campamento desenvolverase durante os meses de xullo e agosto no Castelo de Santa Cruz en horario de 9 a 14 horas, e estará dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos.
O principal obxectivo deste actividade é a de conciliar vida familiar e laboral a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre que representa o verán tras rematar o período lectivo
Os rapaces e rapazas terán unha alternativa de ocio dinámico e educativo a través de talleres, xogos, actividades deportivas, etc., pero sobre todo compartirán un espazo de xogo diferente.
As bases e solicitude poderanse consultar unha vez abra o prazo na web municipal www.aguarda.es