A Guarda acolle a exposición “Mulleres represaliadas no Cárcere de Tui(1936-1939)”
- A exposición se pode visitar ata o 26 de maio na Casa dos Alonso.
Esta Exposición é unha lembranza a todas as mulleres represaliadas e nela encontraremos varias mulleres da Guarda e tamén do Baixo Miño que pasaron polo Cárcere de Tui. A exposición poderá visitarse de forma libre na Casa do Alonso, desde o día 18 ata o 26 de maio en horario de 08:00 a 15:00.
O día 25 de maio ás 20:00 terá lugar unha visita guiada a dita exposición e a presentación do libro “Mulleres Represaliadas no cárcere de Tui” a cargo dos seus/súas autores/as Helena Pousa, Quico Paz Antón e Marga do Val, que explicarán como se fixo todo o traballo de documentación.
Dende o Concello da Guarda agradecese a cesión desta exposición á Concellería de Igualdade do Concello de Tui e ás persoas autoras do libro.