(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • A Guarda acolle a Festa das Mercedes na Gándara do 2 ao 24 de setembro

    A Guarda acolle a Festa das Mercedes na Gándara do 2 ao 24 de setembro

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura, Turismo
    • Date 23 Agosto, 2023
    A Guarda acolle a Festa das Mercedes na Gándara do 2 ao 24 de setembro
    • Baixada de Carrilanas, Torneo da Cachiza, Carreiras Pedestres, concertos, exposicións, Festa da Zorza… e moito máis.

     

    Na xornada do mércores día 23 de agosto tivo lugar no Salón de Plenos do Concello da Guarda a presentación oficial da programación das Festas das Mercedes da Gándara 2023, contando coa asistencia do Alcalde, Roberto Carrero; do Presidente da Comisión de Festas, Juan Carlos Gómez Martínez; do Concelleiro de Deportes, Celso Rodríguez Fariñas e o Concelleiro de Eventos, Aser Estévez.

     

    A programación de eventos e actividades na edición 2023 da Festa das Mercedes é unha programación moi extensa que congrega actividades deportivas, culturais, gastronómicas e de ocio, contando coa Baixada de Carrilanas, o Torneo da Cachiza, as Carreiras Pedestres, os concertos, as exposicións, a XXXV Festa da Zorza e moito máis.

     

    As actividades arrancan na xornada do sábado día 2 de setembro coa VI edición da Baixada de Carrilanas, cun percorrido entre a Praza de Avelino Vicente(AS de Copas) e o Porto da Guarda. As inscricións están abertas cun prezo de 10€ en rifas das festas con data límite ata o 31 de agosto chamando ao 649 887 379 ou 661 281 254, tamén participarán os Drift Trikes.

     

    Seguindo a programación, na xornada do sábado día 9 de setembro terá lugar o XIV Torneo da Cachiza a partires das 16:00h na Rúa As Pozas, cunha inscrición de 10€ por parella que se realizará ata as 15:30h antes do torneo. Haberá premios e as inscricións se poden realizar nos teléfonos 669 031 798 e 680 340 784.

     

    O sábado 16 de setembro a partires das 18:00h terá lugar a XXI Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero, un evento deportivo gratuíto para o que é preciso realizar unha inscrición previa ata o 12 de setembro no teléfono 647 607 456 ou no enderezo opercamino@gmail.com, ou ben no mesmo día da carreira en horario de 16:30h a 17:30h na mesa de secretaría da Carreira. Haberá un total de 8 categorías en función das datas de nacemento dos participantes e cunhas distancias entre os 100m. e os 6500m.

     

    A partires das 21:00h do 16 de setembro terá lugar na Praza dos Seixiños o XI Serán que contará coa participación de diferentes grupos tradicionais e de pandeiretas da zona, haberá chocolate e biscoito para os asistentes.

     

    O domingo 17 de setembro ás 20.00h actuará os Reguefeiros(do Luar), Luis o Caruncho e Bieito Lobariña e os Veciños, para rematar a xornada co Grupo Folk Na Revolta.

     

    O venres 22 de setembro a partires das 18:00h comezarán as degustacións na XXXV edición da Festa da Zorza ata a media noite, cando realizarase a gran Queimada Popular e contarase coa animación da Charanga Patocar.

     

    O sábado 23 de setembro a partires das 22:00h arrancará a verbena coa actuación do Grupo Ritmo e rematando cun único pase o Grupo América.

     

    O domingo 24 de setembro a partires das 9:00h pasarrúas polas rúas do pobo a cargo do Trebón dos Xidos, ás 17:00h  Xogos populares na Praza dos Seixiños e a partires das 20:00h actuación da Escola de Danza “Dansá”.

     

    Ademais do 16 ao 17 de setembro haberá unha exposición de maquetas de corcho elaboradas por Tino, o sábado 16 de setembro en horario de 17:00h a 21:00h e o domingo 17 en horario de 19:00h a 2:00h.

     

    Actos relixiosos: Venres 15 comezo da novena ás 18:30h con rosario e misa e domingo 24 ás 12:30h Misa Solemne con sermón cantada polo Coro Cantábile e procesión acompañda polo Grupo de Gaitas A Boalleira.

    Tag:A Guarda, baixada carrilanas, carreiras pedestres julia vaquero, cultura, Deporte, festa da zorza, festa das mercedes, torneo cachiza, turismo

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o 31 de agosto e 1 de setembro
    23 Agosto, 2023

    Seguinte nova

    Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de setembro
    24 Agosto, 2023

    Tamén te poden gustar

    • Música e espectáculos para desfrutar a Festa da Langosta en familia
      18 Xuño, 2025
    • A Festa do Santísimo deste domingo encherá as rúas da Guarda de alfombras florais
      16 Xuño, 2025
    • Novo contacontos na Biblioteca Municipal para despedir o curso
      16 Xuño, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web