A Guarda agradece a implicación nas conmemoracións do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Dende a Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller da Guarda se quere amosar o agradecemento e a satisfacción pola gran implicación realizada pola cidadanía guardesa, empresarios, comerciantes, alumnos e alumnas da vila nas actividades organizadas en conmemoración do Día Internacional da Violencia de Xénero.
Máis dun centenar de establecementos comerciais e de restauración participaron na Campaña Ennegrocontraasviolencias, dispondo de diverso material da campaña de forma totalmente gratuíta, subido as fotos dos seus locais ás redes sociais empregando os hashtags da campaña #AguardaenNegro e #Aguardacontraasviolencias. Convidamos a que todos aqueles que aínda non o fixeron a que continúen subido as súas fotografías á rede.
Dende o Concello da Guarda confiamos en que o próximo ano serán aínda máis os participantes nesta campaña, atentos a estas datas para conmemorar este día e facer visible unha problemática que se ten que erradicar, non á Violencia de Xénero.