A Guarda celebra a diversidade e o Orgullo por cuarto ano consecutivo
- A concellería de Igualdade e o CIM da Guarda organizan o mércores 28 de xuño “A Guarda Diversa”, unha ocasión especial para celebrar o Orgullo e continuar dando visibilidade ao colectivo LGTBIQ+.
As actividades de “A Guarda Diversa 2023” terán lugar na xornada do mércores día 28 en horario de 19:00h a 21:00h na Casa dos Alonsos con dúas sesións en paralelo.
Por unha banda no Salón de Plenos terá lugar o Faladoiro “Non estamos todes: decepcións da Lei Trans”, a cargo de Cristina Palacios, Traballadora social e Xerente da Asociación Arelas; Miguel Vieito, Asesor legal da Asociación Arelas e Brais Papiri, Responsable da Sección Xuvenil da Asociación Arelas, crianzas e mocidade trans de Galicia. Esta actividade estará acompañada da actuación Musical da artista “A Riso”. Neste faladoiro profundizarase naqueles aspectos nos que a Lei ten limitacións e os retos de futuro que se presentan. O Faladoiro tamén se vai a retransmitir por streaming a través da canle oficial de Youtube do Concello da Guarda https://www.youtube.com/@concellodaguarda
Por outra parte na Sala de Audiovisuais da Casa dos Alonso terá lugar o Contacontos e Obradoiro dirixido a Crianzas de 4 a 8 anos “Transformando Realidades” a cargo de Sara Uris, Mestra en Educación Infantil especializada en igualdade e Diversidade. Realizarase de forma simultánea co faladoiro como medida de conciliación.
Para asistir ás actividades non é necesaria inscrición previa e a entrada é de balde, ata completar aforo. Rógase a asistencia 10 minutos antes do inicio de cada acto.
Máis información no CIM da Guarda, no teléfono 986 61 4648, na web municipal www.aguarda.es ou no correo electrónico muller@aguarda.es.
STREAMING: