(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • A Guarda celebra as Letras Galegas en clave festiva

    A Guarda celebra as Letras Galegas en clave festiva

    • Publicado por Cultura A Guarda
    • Categorías Cultura
    • Date 6 Maio, 2024

    Xogos en galego, a música de Blues do País e Magín Blanco, con fin de festa en forma de Foliada serán os ingredientes principais desta xornada festiva.

    Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das Letras Galegas, facendo unha festa en torno á lingua, destacando a súa riqueza e importancia como lingua viva e de creación, co obxectivo de amosar a riqueza das manifestacións culturais que se están a facer actualmente en galego, falando da nosa idiosincrasia e das nosas costumes. Por iso deseñou para o Domingo 19 de maio unha xornada na Praza do Reló da Guarda, na que concentrar actividades lúdicas e festivas para tódolos públicos, gustos e idades.

    A xornada abrirá ás 11.30h. da mañá pensando nas familias, coa apertura da zona de Xogos, na que Brazolinda e OZOCO GZ, traerán as súas propostas orixinais de Xogos de mesa. A partir das 12.30h. Chegará o momento musical, coa nota divertida e retranqueira de Blues do País, un grupo formado por Brais das Hortas e Iseo Agilda, que traducen e adaptan as clásicas composicións de Otis Redding, Etta James, B.B. King ou Eric Clapton, dunha forma moi propia. Despois do merecido descanso para o xantar dominical, esta festa terá unha nova sesión de tarde coa presenza de Magín Blanco e o seu espectáculo Caderno de Cores e Cancións, un concerto participativo no que en compañía do músico Pablo Vidal, ás crianzas xogarán cos diferentes elementos das cancións: as melodías, as harmonías e a poética das rimas. E tras este concerto daremos paso ao prato forte da xornada, cunha proposta que quere fusionar a tradición oral e literaria co folclore tradicional. Os versos de Rosalía serán os encargados de dar fío a esta proposta guiada por María Faltri na narración, recitando e cantado; estará acompañada co grupo de baile tradicional guardés Vento Mareiro, quen interpretará varias pezas de baile e pandeireta. Esta proposta que busca ser o prato forte da nosa festa, quere convidar a tódolos amantes do folclore da Guarda e comarca a unirse no baile, pandeireta ou tamboril para entre tódolos asistentes facer unha foliada como broche fin de festa.

    • Compartir:
    Cultura A Guarda

    Anterior nova

    Búscase xente nova do Baixo Miño para un proxecto de investigación a través do teatro
    6 Maio, 2024

    Seguinte nova

    A Concellería de Cultura da Guarda convoca un concurso de fotografía
    9 Maio, 2024

    Tamén te poden gustar

    • O Centro Cultural acolle a estrea da película amateur “Héroes del medallón”
      22 Maio, 2025
    • O alumnado do CEIP As Solanas ofrece un contacontos moi especial este sábado
      20 Maio, 2025
    • A película “Honeymoon” chega á Guarda para iniciar o ciclo de cinema “made in Galicia”
      19 Maio, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web