A Guarda celebra o Samaín con actividades para os máis pequenos
O vindeiro xoves día 31 de outubro a Praza do Reló da Guarda acolle as actividades da programación do Samaín 2019, organizadas dende o departamento de Cultura do Concello da Guarda.
Nesta edición as actividades arrancarán ás 17:30h da tarde cun obradoiro de pinta caras para os máis pequenos. De seguido ás 18:30h terá lugar o espectáculo ¿Quen dixo medo? a cargo da compañía Barafunda Teatro, trátase dun terrorífico e divertido show clown que combina xogos infantís, baile e moita animación para tódolos públicos .
Xa para rematar esta xornada festiva ás 19:30hterá lugar o Guateque de Samaín con música a cargo de DJ Guille e o mago Cayetano Lledó acompañará a todos nesta xornada festiva.
PROGRAMA:
17:30h – Pintacaras
18:30h – Animación Clown ¿Quen dixo medo?
19:30h – Guateque de Samaín: DJ Guille e Cayetano Lledó
O recinto estará decorado polos alumnos e alumnas dos Centros de Ensino do municipio e haberá lambetadas, fotomatón e moitas sorpresas para todos e todas.