A Guarda celebra o vindeiro martes a derradeira charla de «Manual de instrucións para educar» 2018
O vindeiro martes día 11 de decembro a Casa dos Alonsos da Guarda acolle a cuarta e derradeira sesión da terceira edición de «Manual de instrucións para educar», unhas charlas informativas organizadas dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil e Educación Familiar co fin de aportar aos pais e nais as ferramentas necesarias para afrontar dun xeito positivo e correcto o proceso educativo dos seus fillos e fillas.
O ciclo de “Manual de instrucións para educar” 2018 está composto por un total de 4 charlas, que rematan este martes día 11 de decembro cunha charla sobre «Vivir con sentido».
A charla do martes 11 de decembro ¨Vivir con sentido”, coa que se pecha este ciclo de charlas, tratará sobre a sociedade actual, onde o tema sobre a morte tende a evitarse e sobre todo, cando a causa da mesma é porque un mesmo o ten decidido. O suicidio é unha das principais causas de morte, dando lugar a casos diarios, aínda que estes non se divulguen. Tamén hai casos de suicidio na infancia e máis frecuente na adolescencia. É vital que as nais e pais detecten os síntomas a tempo, axuden aos fillos e fillas a afrontar os seus problemas e tamén xeren no fogar un clima que favoreza as gañas de vivir.
Todas as charlas realizaranse na Casa dos Alonsos en horario de 19:30h a 21:00h e contarase con servizo de canguro de balde. Máis información na OMIX da Guarda e en Educación familiar nos teléfonos 986610000 e 98661 4507.