A Guarda convoca as Subvencións Municipais por concorrencia competitiva 2021
O Concello da Guarda aprobou a primeira Ordenanza Xeral Reguladora das Subvencións Municipais por concorrencia competitiva, respectando os principios de publicidade, libre concorrencia, igualdade para a realización de actividades e utilidade pública e de interese social, para a promoción e consecución de fins de interese público de competencia local e para axuda e promoción en determinados ámbitos de interese social e cultural ou deportivo, de acordo co que prevé o Plan Estratéxico de Subvencións do Concello da Guarda.
Os días 22 e 23 de novembro saíron publicados no BOPPO os Anuncios das convocatorias de subvencións a Clubes e entidades deportivas, entidades culturais, entidades sociais e deportistas individuais.
As entidades e persoas interesadas teñen un prazo de 30 días naturais para tramitar estas subvencións e toda a documentación se pode consultar na web municipal www.aguarda.es ou na sede electrónica.
O Concello da Guarda realizará reunións informativas os días 29 e 30 de novembro na Casa dos Alonso, sendo o 29 de novembro ás 18:30h adicado a clubes e entidades deportivas e o 30 de novembro ás 18:30h adicado a entidades de carácter social e cultural.
Documentación:
Bases subvencións a clubs e entidades deportivas
Bases subvencións a entidades culturais
Bases subvencións a entidades sociais
Bases subvencións a deportistas individuais
Anexos subvencións a clubs e entidades deportivas
Anexos subvencións a entidades culturais
Tag:A Guarda, suvencions