A Guarda despide o mes de setembro con teatro, exposición, visitas guiadas e xornada de observación de estrelas
A Guarda despide esta fin de semana o mes de setembro con varias actividades nunha fin de semana que estará marcada por unha obra de teatro para bebés, as visitas guiadas ao Monte Santa Trega, a Exposición sobre as Marcas dos Pescadores e unha Xornada de observación de estrelas no Monte Torroso.
Venres 28 de setembro:
A Exposición das Marcas dos Pescadores de Póvoa de Varzím continúa na Casa dos Alonsos da Guarda da man da Asociación Piueiro e recolle unha mostra fotográfica, de aparellos de pesca, artigos e escritos sobre a historia do mar e dos seus pescadores, pódese visitar este venres en horario de 7:30h a 15:00h e de 19:00h a 20:30h.
Sábado 29 de setembro:
Durante a xornada deste sábado realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT).
Este sábado o Concello da Guarda, a través do Departamento de Turismo, organiza unha noite de observación de estrelas ás 21:00h con saída dende a Casa Forestal do Torroso na parroquia de Salcidos. Para participar nesta actividade é preciso realizar unha inscrición previa no enderezo electrónico turismo@aguarda.es ou chamando ao 986614546, data límite ata este venres 28 de setembro.
O Sábado 29 de setembro o Centro Cultural da Guarda acolle a sesión de teatro «Zapatos», recomendada para bebés de entre 1 e 4 anos, que correrá a cargo de Caramuxo Teatro e que está enmarcada no programa Cultura no Camiño.
A sesión de teatro terá lugar ás 18:00h e é preciso retirar previamente as entradas no Centro Cultural en horario de 10:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h.
A Exposición das Marcas dos Pescadores de Póvoa de Varzím continúa tamén este sábado na Casa dos Alonsos da Guarda da man da Asociación Piueiro e recolle unha mostra fotográfica, de aparellos de pesca, artigos e escritos sobre a historia do mar e dos seus pescadores, pódese visitar en horario de 11:00h a 13:30h e de 19:00h a 20:30h.
Domingo 30 de setembro:
Durante a xornada deste domingo realizaranse 3 visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con saída do Castro e ás 12:30h e 17:00h con saída dende o Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT).
A Exposición das Marcas dos Pescadores de Póvoa de Varzím continúa na Casa dos Alonsos da Guarda da man da Asociación Piueiro e recolle unha mostra fotográfica, de aparellos de pesca, artigos e escritos sobre a historia do mar e dos seus pescadores, pódese visitar en horario de 11:00h a 13:30h e de 19:00h a 20:30h.