“A GUARDA DOCE” MESTURA OS DOCES CUNHA GRAN OFERTA MUSICAL DAS DÚAS BEIRAS DO MIÑO
Este fin de semana celébrase na Alameda “A Guarda Doce”, evento no que búscase promover e comercializar doces e sobremesas de diferentes establecementos da comarca de Baixo Miño e do distrito de Viana en Portugal, nun espazo fora do común.
Durante o sábado día 30 e o domingo 31 o evento oferta un programa cheo de doces, concursos, obradoiros e moita música. Debido á boa acollida que tiveron na edición anterior, este ano o Concello decidiu ampliar a oferta programando tres concertos ademais de outras actuacións musicais chegadas dende a vila de Caminha.
Por unha parte, a Cámara Municipal de Camninha colabora co evento cunha actuación musical, o sábado a partir das 18 horas, dun grupo de guitarras que proveñen da “Academia de Música Fernandes Fâo”. O domingo, no mesmo horario, será a quenda dun coro acústico procedente da mesma academia.
Pola súa parte, dende A Guarda, se presentarán tres actuacións de grupos formados por músicos da vila. O sábado as 19,30 comezará o concerto do conxunto “Pretty Shirts”, grupo formado por Miguel Lomba, Miguel Castro, Miguel Pacheco e Manuel González, que ofrecerán un directo cargado de rock&roll.
O domingo, as actuacións comezarán pola mañá a cargo do grupo “Fiddle Loop & Jose Stewart”, que deleitarán o público coas súas versións en violín e batería. Por último, a partir das 19,30 horas, terá lugar ó concerto do grupo “Alén so Son”. Este conxunto, tamén formado por músicos da Guarda, ofrecerá un directo no que se mesturará, jazz, música india, flamenco, tradición clásica e incluso funk, entre outros moitos estilos.