A Guarda entregará os Premios de Educación 2023/24 o 26 de decembro
A segunda entrega dos Premios de Educación 2023/24 celebrarase o xoves 26 de decembro ás 19:00 horas para o alumnado de Ciclos Formativos e Bacharelato, no Salón de Plenos da Casa dos Alonso no Concello da Guarda.
Será un acto público ao convidamos a toda a cidadanía a estar presente e poñer en valor o esforzo e talento da mocidade da nosa vila no ámbito educativo e académico.