A Guarda festexa o Samaín
• Do 27 ao 31 de outubro a Biblioteca Pública Municipal Oferta “Facemos un trato?
• Gran Festa de Samaín o luns día 31 de outubro na Praza do Reló con obradoiros e concerto
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza este ano diversas actividades para festexar o Samaín na Guarda.
Por una banda a Biblioteca Pública Municipal oferta do 27 ao 31 de outubro a actividade “Facemos un trato” coa cal os usuarios deste servizo levarán un doce de agasallo ao facer un préstamo dun libro.
Para a xornada do luns día 31 de outubro a Praza do Reló será o epicentro das celebracións do Samaín dende as 17:30h da tarde con Obradoiros de Tatoos terroríficos e Pintacaras e a partires das 18:30h cn música a cargo do grupo “Crónicas Pop”, con animación de baile para @s máis pequen@s.
O fin de festa será sobre as 20:30h cunha Queimada de Defuntos e chocolate quente para tod@s.
Montserrat Magallanes, Concelleira de Cultura, convida a toda a poboación guardesa a participar nestas actividades dunha festividade que, ano a ano, se consolida nos nosos calendarios e que desfrutan, sobre todo, os máis pequen@s da casa.