A Guarda gardará un minuto de silencio pola vítima do crime machista en Baiona
A Guarda convoca para mañá mércores 13 de novembro un minuto de silencio ás 12:00 horas na Praza do Reló en memoria de Estela Blach, quen se converteu na 40ª vítima mortal por feminicidio. Deste xeito, tamén queremos enviar o noso apoio a familiares e amigos de Estela, veciña de Baiona.