A Guarda gardará un minuto de silencio polo asasinato machista de O Bolo
O Concello da Guarda convoca para mañá mércores 9 de abril un minuto de silencio ás 11:30 horas na Praza do Reló en memoria de Josefa Fariñas, a primeira asasinada en Galicia por violencia machista neste 2025.
Deste xeito, tamén queremos enviar o noso apoio a familiares e amigos desta veciña de O Bolo (Ourense). A Guarda quere mostrar o seu absoluto rexeitamento ante calquera acto machista.