A Guarda inaugura este sábado a Exposición de temática mariñeira “Os nosos mares”
- A exposición Os nosos mares, do ilustrador vigués Carlos Ramos inaugurase o sábado 1 de xullo ás 12:00h e estará nos baixos do Concello ata o 14 de xullo.
Este sábado día 1 de xullo ás 12:00 na Casa dos Alonso inaugurase unha nova exposición que ten como protagonista a temática mariñeira, especialmente centrada nos Faros, acantilados e portos. A proposta que chega da man do ilustrador vigués Carlos Ramos, que pretende facer unha ruta polos faros mais representativos do litoral galego, así como polas paisaxes características das nosas costas e do duro traballo das xentes do mar.
Cunha técnica e estilo propio da ilustración e moi próximo ao cómic, con colores moi definidos, trazos moi finos e moi marcados.
A exposición estará na Guarda ata o 14 de xullo no horario habitual de apertura do concello (de 9:00h a 14:00h) de luns a venres, mais todo aquel interesado queda convidado a asistir ao acto inaugural, no que contarase coa presenza do propio artista.
Tag:A Guarda, cultura, Exposición, os nosos mares, Pintura