(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Patrimonio

    • Inicio
    • Patrimonio
    • A Guarda mellora e rehabilita elementos patrimoniais da vila

    A Guarda mellora e rehabilita elementos patrimoniais da vila

    • Publicado por prensa
    • Categorías Patrimonio
    • Date 7 Outubro, 2021

    • A Fonte Lavadoiro de Xixolla, parte da antiga muralla medieval ou a recuperación da pía do As de Copas son algúns dos elementos onde se realizaron tarefas de conservación.

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Patrimonio, ven de rematar varios traballos realizados este ano para a mellora e rehabilitación de diferentes elementos patrimoniais existentes no noso municipio.

    Neste senso realizáronse diferentes tarefas na Fonte Lavadoiro de Xixolla, nunha parte da antiga muralla medieval ou na recuperación da pía da fonte do As de Copas.

    Fonte Xixolla
    O Concello da Guarda acometeu este ano traballos de rehabilitación e sinalización da Fonte Lavadoiro da Xixolla para contribuír deste xeito á conservación e posta en valor do patrimonio etnográfico existente na vila.
    As actuacións levadas a cabo no lavadoiro da Xixolla, pasaron por unha limpeza do conxunto, mediante máquina de auga a presión, cun mimo especial nos elementos de cantería, nos cales a limpeza realizouse dun xeito manual.
    Para os elementos de madeira se procedeu á limpeza con maquinaria a presión, e acabado con produtos para protección e tratamento de madeira.
    Muralla Medieval

    O tramo da muralla medieval sito entre a Praza do Monte Real ou Praza de Bautista Alonso na Rúa Ireira ao pé do trazado do Camiño Portugués da Costa foi onde realizáronse labores de limpeza da antiga muralla.

    A vila da Guarda coincidindo co pulo do comercio no século XIII da Europa atlántica sofre un incremento poboacional e os seus habitantes para defenderse de ataques levantan murallas. O recinto amurallado derruído cara ao 1622 conserva dous tramos, un na rúa do Muro e outro na rúa da Ireira. A cidade amurallada estaba dividida en dous sectores pola rúa do medio, a actual rúa Colón, no comezo e no final desta estaban as únicas portas de acceso á vila.

    Estas labores de limpeza e conservación realizáronse de maneira manual para evitar danar a pedra, contando coa pertinente autorización de Patrimonio da Xunta de Galicia. Estas obras de limpeza acometéronse con recursos propios do concello da Guarda.

    Pía do As de Copas

    Arrancando o verán de 2021, se ten coñecemento dun ataque contra o patrimonio da vila da Guarda, consistente no roubo da pía da Fonte do As de Copas sita na Praza de Avelino Vivente, uns feitos que consternaron a moitos veciños da Guarda e que dende o consistorio se tachou coma un acto vandálico sen precedentes.
    Foi neste momento cando dende a Concellería de Patrimonio se decide recuperar esta pía, facendo unha análise de arquivos fotográficos deste elemento que, coa axuda dunha empresa de cantería local, se logrou realizar una nova pía coas mesmas características da roubada, que foi colocada finalmente no seu sitio fai unas semanas. Estas obras acometéronse con recursos propios do concello da Guarda.

    A obra de conservación do lavadeiro de Xixolla fíxose cunha subvención da Deputación de Pontevedra e para este ano 2021 o concello ten previsto solicitar unha subvención para a rehabilitación do lavadeiro da Piollosa. Con estas intervencións o Concello da Guarda pretende valorizar a riqueza patrimonial do noso territorio mediante a súa conservación e mellora.

    Tag:A Guarda, mellora, Patrimonio, rehabilitación

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Charlas informativas sobre o Plan de Compostaxe na Guarda
    7 Outubro, 2021

    Seguinte nova

    O Concello de A GUARDA aluméase de verde para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental, a petición da Asociación Avelaíña
    8 Outubro, 2021

    Tamén te poden gustar

    • A Guarda achega a memoria histórica local á cidadanía e ao alumnado
      31 Marzo, 2025
    • O Piueiro presenta este xoves o ‘Caderno da Tripulación’
      9 Decembro, 2024
    • A Guarda sácalle brillo á restauración arqueolóxica do barrio de Mergelina
      A Guarda sácalle brillo á restauración arqueolóxica do barrio de Mergelina
      18 Abril, 2023

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web