A Guarda ofrece unha ducia de cursos para a formación de desempregados
Esta semana o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou xunto o alcalde da Guarda as instalacións de Informática Jaime, onde se desenvolven cursos de Acción Formativa para Desempregados (AFD).
Alí, coñeceron ao alumnado do curso de “Actividades de xestión administrativa”, que se atopa agora en marcha na Guarda. A Guarda é o concello do Baixo Miño con maior oferta destes cursos, cun total de 12, para os cal a Xunta destina máis de 610.000 euros.
Os cursos AFD teñen como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas desempregadas, dándolle competencias e ferramentas clave en sectores con demanda laboral. En edicións pasadas estes cursos acadaron “unha taxa de empregabilidade moi alta, o cal significa que está cumprindo o seu obxectivo”.