(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • A Guarda pecha un verán cheo de actividade cultural, deportiva e cunha excelente afluencia de turismo

    A Guarda pecha un verán cheo de actividade cultural, deportiva e cunha excelente afluencia de turismo

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura, Deporte, Turismo
    • Date 8 Setembro, 2022
    A Guarda pecha un verán cheo de actividade cultural, deportiva e cunha excelente afluencia de turismo

    O Concello da Guarda fai balance dun verán 2022 moi positivo, cunha ampla afluencia de visitantes á vila, que puideron gozar e aproveitar toda a oferta cultural, deportiva e gastronómica da Guarda.

    A Axenda de Verán congregou a meirande parte dos eventos realizados ao longo do verán, onde non faltou a música, a igualdade, as festas populares e gastronómicas, o teatro, as actividades infantís, probas deportivas, a maxia, actividades literarias, feiras comerciais e creativas, entre outras.

    Para a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes este verán foi o verán no cal “voltamos a desfrutar da cultura na rúa, nas fermosas prazas que permiten na nosa vila organizar eventos coma a praza do Reló, a Alameda, a praza do As de Copas ( Avelino Vicente), a praza dos Seixiños, a praza da Guía, a explanada do Porto, o castelo de Sta Cruz, o Parque do Cancelón(Montiño), e en moitos outros espazos municipais…. e en espazos tan singulares e únicos coma o auditorio de San Benito ( un dos poucos que existen aberto ao mar).”

    No apartado musical destacaron os concertos de Heredeiros da Crus e Beret, congregando a un bo número de persoas que asistiron a estas dúas citas musicais do verán no Porto da Guarda. Tamén A Guarda Mar de Blues, que ateigou de público a Praza do Reló, con actividades musicais tamén para os máis cativos.

    A Guarda Diversa continuou unha edición máis pondo de manifesto que A Guarda é afortunadamente un municipio diverso, moderno e inclusivo, dando visibilidade e sobre todo loitando pola diversidade, porque a diversidade é unha ferramenta de futuro, un motor de cambio e evolución.

    A Festa da Langosta, a Festa do Peixe Espada e a Festa do Percebe foron os principais eventos gastronómicos do verán, destacando a ampla oferta gastronómica existente na vila, seña de identidade e que fai que o turismo gastronómico poña no mapa a A Guarda. Citas nas que non faltaron tamén actividades complementarias coma feiras de artesanía, animación de rúa, música, etc.

    As Festas do Monte congregaron a multitude de veciños e veciñas da Guarda, da comarca e de todos aqueles que nos visitan ou teñen segunda residencia na localidade, o desfile folclórico e de Bandas Mariñeiras puideron retomarse despois da parada debido a pandemia da Covid, foron 2 anos sen Festas do Monte e os bombos volveron a escoitarse nas rúas e prazas da localidade así como no Trega. A alegría e a ilusión por voltar a desfrutar das nosas festas encheron de ledicia á veciñanza e a todos aqueles que estes días se acercaron ata a Guarda.

    As visitas Guiadas ao Monte Trega fixeron que moitos visitantes puidesen coñecer de preto a cultura castrexa e o noso rico patrimonio, contndo cunha moi boa asistencia que tamén se deixou notar no Museo Arqueolóxico de Santa Trega(MASAT). Tamén O Piueiro axudou a gozar e apreciar a cultura mariñeira da nosa vila co seu Volanteiro e todas as actividades que se organizaron ao longo do verán.

    A cultura encheu diferentes espazos do municipio con concertos, actuacións de maxia, representacións teatrais, danza e baile ou eventos literarios coma ao III Encontro do Libro Luso Galaico.

    O deporte tamén estivo presente este verán na Guarda, coma a Petanca, exhibicións deportivas, Xadréz, Ciclismo, Carreiras Pedestres ou Carreiras de Orientación, citas anuais que se consolidan con eventos ou torneos que congregan una ampla participación de deportistas e público.

    As exposicións tamén encheron o verán 2023 na Guarda coa Exposición de Pinturas de Chuny Vázquez ou a Exposición Colección de fotografías de Tito Lemos.

    As Festas do Carmen, as Festas de San Cayetano ou as Festas da Guía tamén encheron de música e lecer a nosa vila, cunha ampla participación de persoas nas actividades incluídas nas súas respectivas programacións.

    No apartado comercial destacaron as Feiras Outlet do comercio local organizadas dende ACIGU CCA ou a Mostra Creativa, que congregou a máis dunha vintena de talentos creativos da comarca do Baixo Miño.

    Sen dúbida un verán cargado de actividades e que non deixou a ninguén indiferente, actividades para todos os públicos e todas as idades.

    Montserrat Magallanes sinala que dende o concello “Tratamos de abarcar diferentes disciplinas culturais: cine na rúa, teatro, música para diferentes sensibilidades, maxia, circo… completándoo con exposicións na Casa dos Alonso ( que foron todo un éxito de afluencia e sorprenderon pola constante presenza de público) e con presentacións de libros. Sempre complementando a oferta que xa ofrecían as diferentes comisións de festas ou entidades organizadoras de eventos. Foi un verán no que temos que agradecer o esforzo de moitas persoas, en primeiro lugar do persoal municipal, daqueles que traballan no departamento de Cultura, de Servizos, Policia Local ou GES, sei que deron máis do que puideron sabendo que o seu compromiso está co pobo da Guarda. Agradecer tamén o esforzo e traballo de moitas persoas das comisións de festas que traballan con honradez para facer grandes as festas do seu barrio. E finalmente agradecer a presenza dos veciños e veciñas da Guarda que coa súa presenza, comentarios e mostras de apoio fan que o equipo de goberno traballe coa mesma ilusión que o primeiro día.”

    A programación continúa para pechar este verán no mes de setembro coas Festas das Mercedes e a Mostra Asociativa que terá lugar este sábado día 10 de setembro na Praza de Avelino Vicente.

    Tag:A Guarda, cultura, Deporte, turismo, verán

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores na Guarda en outubro
    8 Setembro, 2022

    Seguinte nova

    O asociacionismo guardés, máis vivo ca nunca
    12 Setembro, 2022

    Tamén te poden gustar

    • A Casa dos Alonso acolle unha nova exposición de pintura do grupo Grisalla
      5 Novembro, 2025
    • A Guarda continúa coa programación de teatro co monólogo “Hechos furiosos”
      4 Novembro, 2025
    • A Asociación das Alfombras organiza unha xornada de obradoiros para os máis pequenos
      3 Novembro, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web