(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Patrimonio

    • Inicio
    • Patrimonio
    • A Guarda potencia o patrimonio do mar co proxecto «A Guarda, Mar de sal»

    A Guarda potencia o patrimonio do mar co proxecto «A Guarda, Mar de sal»

    • Publicado por prensa
    • Categorías Patrimonio
    • Date 17 Setembro, 2018
    O luns 17 de setembro o Concello da Guarda realizou a presentación do proxecto «A Guarda, Mar de Sal», contando coas intervencións de Antonio Lomba Baz, Alcalde da Guarda; Xavier Crespo, Concelleiro de Patrimonio; Brais Currás, coordinador e investigador do proxecto(Investigador do CEAACP da Universidade de Coimbra, e membro do grupo de investigación EST-AP do CSIC); Elena Herbello, Xerente do Galp Ría de Vigo-A Guarda; Mar Cortegoso, directora das escavacións, así coma diferentes persoas vinculadas directa e indirectamente co mesmo.

    Para Xavier Crespo, Concelleiro de Patrimonio, este é «un proxecto moi importante para A Guarda, coa posta en valor doutro elemento patrimonial guardés, como son as salinas, unha satisfacción pola traxectoria dende os anos 80´s ata agora».

    Brais Currás, coordinador e investigador do proxecto, destacou na súa intervención que «A Guarda, Mar de Sal permitirá potenciar este ben patrimonial a nivel económico, turístico e cultural, cun valor arqueolóxico de importante relevancia e cun proxecto de ciencia cidadá pioneiro en Galicia e España».

    O luns 17 de setembro o Concello da Guarda realizou a presentación do proxecto «A Guarda, Mar de Sal», contando coas intervencións de Antonio Lomba Baz, Alcalde da Guarda; Xavier Crespo, Concelleiro de Patrimonio; Brais Currás, coordinador e investigador do proxecto(Investigador do CEAACP da Universidade de Coimbra, e membro do grupo de investigación EST-AP do CSIC); Elena Herbello, Xerente do Galp Ría de Vigo-A Guarda; Mar Cortegoso, directora das escavacións, así coma diferentes persoas vinculadas directa e indirectamente co mesmo.

    Mar Cortegoso, directora das escavacións, explicou aos presentes neste acto que «realizaránse varias sondaxes para ver exactamente o tamaño global desta escavación arqueolóxica no Seixal, abrindo a maiores unha franxa de 200m2 na zona de fincas».

    Elena Herbello, Xerente do Galp Ría de Vigo-A Guarda, deu a noraboa polo proxecto e pola implicación do Concello da Guarda, sinalando que «dende o GALP Ría de Vigo-A Guarda apoiamos este proxecto pola súa importancia para o tecido económico, patrimonial e turístico da Guarda e da súa contorna».

    Montserrat Magallanes, Concelleira de Turismo, agradeceu a todas as institucións públicas e privadas, así como particulares que dende o principio se involucraron co proxecto.

    O luns 17 de setembro o Concello da Guarda realizou a presentación do proxecto «A Guarda, Mar de Sal», contando coas intervencións de Antonio Lomba Baz, Alcalde da Guarda; Xavier Crespo, Concelleiro de Patrimonio; Brais Currás, coordinador e investigador do proxecto(Investigador do CEAACP da Universidade de Coimbra, e membro do grupo de investigación EST-AP do CSIC); Elena Herbello, Xerente do Galp Ría de Vigo-A Guarda; Mar Cortegoso, directora das escavacións, así coma diferentes persoas vinculadas directa e indirectamente co mesmo.

    «A Guarda, Mar de Sal» é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e, que se levará a cabo en dúas anualidades ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP7-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo a coordinación científica de D. Brais Currás.

    O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento económico local a partir da posta en valor das paisaxes do sal da Guarda como ben patrimonial concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, pero tamén como un medio cultural para o reforzo da identidade mariñeira e a cohesión social das comunidades ligadas ao mar.

    O luns 17 de setembro o Concello da Guarda realizou a presentación do proxecto «A Guarda, Mar de Sal», contando coas intervencións de Antonio Lomba Baz, Alcalde da Guarda; Xavier Crespo, Concelleiro de Patrimonio; Brais Currás, coordinador e investigador do proxecto(Investigador do CEAACP da Universidade de Coimbra, e membro do grupo de investigación EST-AP do CSIC); Elena Herbello, Xerente do Galp Ría de Vigo-A Guarda; Mar Cortegoso, directora das escavacións, así coma diferentes persoas vinculadas directa e indirectamente co mesmo.

    O proxecto «Mar de Sal» fundaméntase na necesidade de sustentar o desenvolvemento patrimonial sobre un sólido respaldo científico. O estudo rigoroso das paisaxes do sal e a súa posta en valor permitirán crear un recurso patrimonial posto ao servizo da cidadanía.

    O proxecto contempla a escavación arqueolóxica, traballos de topografía e prospección, documentación fotogramétrica, rutas guiadas, restauración e consolidación, instalación de paneis informativos, análise edafolóxica, datación por OSL, un proxecto de ciencia cidadá que botará a andar o próximo ano, deseño dunha páxina web, e a edición dunha guía arqueolóxica cos resultados dos traballos.

    Coa presente actuación A Guarda recuperará os traballos arqueolóxicos na zona do Seixal, buscando tanto ampliar a zona escavada no ano 2015, como manter visible unha superficie ampla dos restos de salinas que existen nesta zona, aproveitando ademais a existencia da senda litoral, para darlle un maior protagonismo e visibilidade ao xacemento, cunha interesante revalorización cultural e turística deste entorno.

    As salinas da Guarda, segundo as escavacións realizadas no ano 2015 no Seixal, poden formar parte dun complexo salineiro de cronoloxía romana de maiores dimensións. O proxecto arqueolóxico permitirá descubrir a súa verdadeira extensión e coñecer con precisión a súa cronoloxía.

    Como parte da intervención arqueolóxica, farase tamén unha limpeza no entorno das salinas escavadas na rocha situadas na Armona -na baixada a Camposancos- e levarase a cabo unha prospección sistemática pola costa para a identificación destas estruturas, moi pouco coñecidas e das que case nada se sabe da súa orixe.

    O luns 17 de setembro o Concello da Guarda realizou a presentación do proxecto «A Guarda, Mar de Sal», contando coas intervencións de Antonio Lomba Baz, Alcalde da Guarda; Xavier Crespo, Concelleiro de Patrimonio; Brais Currás, coordinador e investigador do proxecto(Investigador do CEAACP da Universidade de Coimbra, e membro do grupo de investigación EST-AP do CSIC); Elena Herbello, Xerente do Galp Ría de Vigo-A Guarda; Mar Cortegoso, directora das escavacións, así coma diferentes persoas vinculadas directa e indirectamente co mesmo.

    Dende o Concello da Guarda agradécese o compromiso de diferentes institucións públicas e privadas, que dende un primeiro momento se comprometeron e apoiaron este proxecto, coma a Entidade Local Menor de Camposancos, o Grupo de Acción Costeira GALP Ría de Vigo-A Guarda, a Confraría de Pescadores Santa Tecla, a Organización de Palangreros Guardeses ORPAGU, o IES A Sangriña, a Asociación Naturalista «Baixo Miño» ANABAM, a Asociación de Redeiras Atalaia, a Deputación de Pontevedra, así como ás institucións científicas encargadas da súa execución: o CEAACP da Universidade de Coimbra UC, a Universidade de Santiago de Compostela USC, o grupo de investigación EST-AP do Consejo Superior de Investigaciones Científicas CSIC, Universidad Complutense de Madrid UCM, e a Universidade da Coruña UDC.

    De igual xeito agradécese aos particulares que cederon de xeito gratuíto as súas propiedades para realizar estes traballos de intervención arqueolóxica e de posta en valor das Salinas do Seixal.

    O importe total subvencionado por parte da Consellería do Mar é de 74,496,68€, repartidos en dúas anualidades(2018 e 2019). Proxecto GALP7-066.

    Máis información no facebook do proxecto

    Tag:A Guarda, a guarda mar de sal, arqueoloxía, excavacións, patrimonio do mar, salinas

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    Veciños da Guarda e Caminha participaron este sábado na Ruta da Cova Moura
    17 Setembro, 2018

    Seguinte nova

    As asociacións guardesas uniron forzas na II Mostra Asociativa
    17 Setembro, 2018

    Tamén te poden gustar

    • A Guarda achega a memoria histórica local á cidadanía e ao alumnado
      31 Marzo, 2025
    • O Piueiro presenta este xoves o ‘Caderno da Tripulación’
      9 Decembro, 2024
    • A Guarda sácalle brillo á restauración arqueolóxica do barrio de Mergelina
      A Guarda sácalle brillo á restauración arqueolóxica do barrio de Mergelina
      18 Abril, 2023

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web