
A Guarda presenta o ciclo de conferencias e exposicións “Franco e o desarrollismo. Aspectos de política educativa”
O mes de setembro arranca en A Guarda cunha proposta arredor da educación, a cultura e a historia contemporánea: o ciclo de conferencias e exposicións “Franco e o desarrollismo. Aspectos de política educativa”.
O programa, organizado polo grupo de investigación “El giro copernicano en la política de educación y ciencia en el desarrollismo franquista: de la subsidiariedad a la intervención estatal” (PID2020-114249GB-I00), e coordinado por Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, dará comezo o xoves 3 de setembro e prolongarase ata o 18 de setembro, con actividades na Casa dos Alonso e na Casa Cultural das Comunidades de Montes de Camposancos.
A inauguración terá lugar o 3 de setembro ás 19:00 horas na Casa dos Alonso, coa apertura do ciclo de conferencias e da exposición “Nas orixes. Arte, xénero e matemática na Prehistoria”, comisariada por Francisco A. González Redondo. A mostra poderá visitarse ata o 18 de setembro e terá entrada libre.
Posteriormente, ás 19:30 horas, terá lugar a conferencia “Donde dije digo… La revolución educativa de los años 60”, a cargo de Antonio F. Canales Serrano, catedrático de Historia da Educación na Facultade de Educación da Universidade Complutense de Madrid.
O venres 4 de setembro, ás 19:30 horas, a Casa dos Alonso acollerá a conferencia “El Patronato para el Fomento de la Igualdad de Oportunidades. Una mirada a la política de la educación del franquismo”, impartida por José Ignacio Cruz Orozco, profesor titular do Departamento de Educación Comparada e Historia da Educación da Universitat de València.
O ciclo continuará o 5 de setembro, tamén na Casa dos Alonso, coa clausura das conferencias e a presentación da exposición “As xeneracións da Idade de Prata da cultura española”.
Neste marco ofrecerase a conferencia “En el 90 aniversario de la guerra civil. 1936-1976. Entre dos Edades de Plata”, a cargo de Francisco A. González Redondo, profesor titular de Historia da Ciencia na Facultade de Educación da Universidade Complutense de Madrid.
A programación expositiva complétase coa mostra “As xeneracións da Idade de Prata da cultura española”, que poderá visitarse do 3 ao 18 de setembro na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos.
A exposición estará comisariada por Francisco A. González Redondo e Begoña Regueiro Salgado (UCM). O horario de visita será de luns a venres, de 9:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.
Dende o Concello da Guarda queremos convidar á veciñanza e ás persoas interesadas na historia, a educación, a ciencia e a cultura a participar deste programa, que ofrece unha oportunidade para coñecer, reflexionar e divulgar diferentes episodios e protagonistas da historia educativa e cultural contemporánea.


