(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • A Guarda presenta unha programación de teatro para Outono pensada para tódalas idades

    A Guarda presenta unha programación de teatro para Outono pensada para tódalas idades

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura
    • Date 20 Outubro, 2023
    A Guarda presenta unha programación de teatro para Outono pensada para tódalas idades

    Como cada ano, o Outono na Guarda é sinónimo de teatro, xa que é neste último trimestre do ano cando se concentra a programación cultural adicada as artes escénicas. Cinco serán as representacións que acollerá o Centro Cultural entre os meses de outubro a decembro con tres títulos adicados ao público infantil e familiar e dúas pensadas para público adulto e xuvenil. As propostas foron escollidas dentre as principais compañías teatrais galegas na procura de amosar as últimas novidades e velando sempre por atraer a máxima calidade.

     

    O ciclo comeza o vindeiro sábado 28 de outubro en horario de tarde (18h.) coa representación “O Secuestro da Bibliotecaria” pensada para público familiar con motivo da celebración do Día das Bibliotecas. Esta representación corre a cargo da compañía Sarabela Teatro, que con mais de corenta anos de traballo ás súas costas, forman parte indisoluble da historia do teatro galego. O Secuestro da Bibliotecaria nos conta a historia da señorita Ernestina, a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón, cando é secuestrada por uns bandidos xerando un caos cultural na vila.

     

    O ciclo continuará o 4 de novembro ás 20:30h. coa representación da obra teatral “As Alumnas”, que ven de recibir o Premio Nacional de Literatura Dramática. As Alumnas, trata a historia de dúas alumnas da pedagoga María Barbeito, que se volven a atopar en 1970 trala morte da súa mestra, lembran a infancia e o  mundo que lles abriu  antes de que o Comité de Depuración afastase a María do seu traballo na escola. Elvira e Rosa son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo como as decisións marcan o destino de cadaquén, e o medo, e a rebeldía. Ademáis deste percorrido íntimo os temas centrais da obra, son a memoria histórica, a educación e o retroceso que esta sufriu nos anos posteriores á Guerra Civil.

     

    Para público adulto e xuvenil lle seguirá a función “Iphixenia na porta do súper”(Sábado 25 de novembro), un monólogo actual que fala das consecuencias dos recortes sociais a través da vida da súa protagonista, unha moza de barrio que pasa os días nun bucle de alcohol e apatía rondando as rúas da súa vila. Interpretada maxistralmente por Alba Caneda, a súa personalidade magnética e directa amosa sen filtros e con humor os dilemas da protagonista na súa particular historia de amor-desamor, nas decisións que lle seguen e as consecuencias finais as que se ve abocada polos recortes sociais.

     

     

    Para o público infantil e familiar as representacións continuarán o Sábado 11 de novembro e 16 de decembro coas funcións “Hugo”- que nos relata unha bonita historia de amizada dende a optica dun neno con síndrome do aspecto autista- e “Abracadáver”, un espectáculo de circo terroríficamente divertido, pensado para  desfacerse dos medos a través do clown, malabares, escapismo, rulo, acordeón, serrucho… todo á disposición dun actor preparado para levar a cabo o seu Abracadaver…

     

    Toda esta programación conta co financiamento da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2023 e do programa Tornar ás Táboas

    Tag:A Guarda, cultura, outono, Teatro

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Guarda acolle a cuarta sesión dos “Encontros en Familia” o vindeiro 24 de outubro
    20 Outubro, 2023

    Seguinte nova

    Convocatoria de Pleno Extraordinario este xoves na Guarda
    24 Outubro, 2023

    Tamén te poden gustar

    • A aposta por recuperar a cultura mariñeira da Guarda consolídase coa II A Rosegha
      8 Xullo, 2025
    • Marta High será a artista principal do Festival de blues A Guarda
      7 Xullo, 2025
    • A Casa dos Alonso acolle unha exposición de figuras metálicas con materiais reciclados
      2 Xullo, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web