A Guarda recibe do 22 ao 25 de maio a unidade móbil de coidados sociosanitarios “Porta a Porta”
- É preciso pedir cita previa chamando ao número de teléfono 622 748 283 ou no 623 546 992.
A Unidade Móbil de coidados sociosanitarios estará instalada no Campo de Fínola entre o 22 e o 25 de maio, ambos incluídos.
Esta proposta da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, continúa coas súas visitas aos 14 municipios do sur pertencentes ás bisbarras do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta, dando continuidade ás visitas realizadas o ano pasado.
Estes servizos de sociosanitarios mediante unidades móbiles están pensados para achegar a atención as zonas rurais con dispersión poboacional. Plantéanse coma unha alternativa para evitar desprazamentos e levar achegar os servizos a cidadanía.
As consultas ofertadas consisten en revisións e valoracións auditivas; atención podolóxica para prevención, diagnose e tratamento das principais patoloxías dos pés; e realización de probas de valoración cognitiva ou exercicios de estimulación para a prevención de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.
Para esta visita na Guarda da Unidade Móbil de coidados sociosanitarios, é preciso pedir cita previa chamando ao número de teléfono 622 748 283 ou no 623 546 992 ou ben contactar a través do enderezo de correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.