A Guarda recibirá aos Reis Magos este domingo no pavillón da Sangriña
A Guarda recibirá este domingo 5 de xaneiro unha visita moi especial, os tres Reis Magos.
A recepción real comezará ás 18:00 horas no pavillón da Sangriña, mais as portas abrirán ás 17:30 horas para desfrutar das actuacións do Grupo de gaitas da terceira idade, da escola Attitude, da escola Dansá e do grupo Do Lusco ó Fusco.
Os Reis Magos farán un percorrido previo polas parroquias da Guarda, de 16:30 a 17:30 horas, para saudar a aqueles que non se poidan desprazar á recepción. A pequena comitiva partirá da Rúa Puerto Rico e dirixiranse por Sete Camiños ata O Castro.
Desde A Pobra baixarán por Pintán ata a Praza dos Seixiños da Gándara. Despois, continuarán desviándose polo Coruto Vello para seguir pola Rúa Vigo cara Camposancos. Finalmente, xirarán na Praza Avelino Vicente para enfilar a Rúa Galicia ata chegar ao pavillón da Sangriña.
Se é posible faranse paradas no parque do Castro, na Praza dos Seixiños e en Camposancos.