A Guarda repulsa e condena o feminicidio de Domaio
O Concello da Guarda súmase á repulsa e condena absoluta ao feminicidio ocorrido esta fin de semana en Domaio (Moaña).
Desde o Concello queremos mostrar todo o noso apoio aos seres queridos desta nova vítima de violencia machista.
Recordamos que ante calquera acto de violencia machista pódese contar co 016 ou co Centro de Información á Muller da Guarda (CIM).