(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • A Guarda retoma a programación cultural cunha variada programación polo Día do Libro

    A Guarda retoma a programación cultural cunha variada programación polo Día do Libro

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura
    • Date 8 Abril, 2021

    • Chegada a primavera o Concello da Guarda retoma a habitual a actividade cultural con propostas deslocalizadas, ao aire libre e con aforos reducidos.
    • A primeira proposta da primavera será un espectáculo de circo na Praza do Reló o venres 16 inspirado en “O Principiño”, de Antoine de Saint-Exupery.

    Neste inverno caracterizado pola pandemia que estamos a sufrir e polas restriccións sanitarias, o Concello da Guarda veu de suspender os eventos públicos evitando así as concentracións de xente nos interiores. Mais chegado o momento no que os días crecen e o sol favorece o paseo, así como pasado os peores momentos da pandemia o Concello creu oportuno recuperar a actividade cultural reivindicando que a cultura é necesaria, incluso mais que en outros momentos para sobrelevar esta situación. Así creou unha programación polo Día do Libro que arrancará o vindeiro venres 16 de abril co espectáculo de circo “Riscando o Ceo”, da compañía Circo Chosco, ás 19:00h. na praza do Reló.
    O espectáculo “Riscando o Ceo”, está inspirado no clásico da literatura infantil “O Principiño” porque o esencial é invisible aos ollos, só se ve ben co corazón. A proposta escénica que mestura humor, maxia, risco, malabar, acrobacias e equilibrios imposibles foi escollida como arranque da programación polo seu contido desenfadado e poder desenrolarse ao aire libre.
    Este evento está recomendado para tódolos públicos e moi especialmente ás familias, é preciso anotarse previamente en cultura@aguarda.es.
    Na seguinte semana desenvolveranse outras actividades como os “puntos de libros”, que, caracterizados coa temática mariñeira que nos identifica, permitirán aos veciños levar un libro de agasallo. Estes puntos estarán situados no Concello, na Praza de Abastos e na Biblioteca Municipal e contan coa colaboración de O Piueiro e a comisión de Festas da Virxe do Carme.
    Nesta semana colocarase tamén un mural na entrada da Biblioteca, na que os lectores da Biblioteca Pública Municipal da Guarda poderán deixar as súas mensaxes e comentarios.
    O sábado 24 terá lugar a segunda proposta escénica adicada desta volta aos mais pequenos da casa e da man da compañía Migallas cos seus “Contos do Chupete”, xa no Centro Cultural ás 12:00h., tamén con inscrición previa.
    E xa para rematar, entre os días 23 de abril e 22 de maio, aqueles que realicen compras de libros nas librerías da Guarda por valor de 30€ ou mais obterán un bolso de agasallo na Biblioteca Pública Municipal.

    Tag:A Guarda, Biblioteca, cultura, Día Do Libro

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    O Fondo Galego cofinancia catro proxectos de ONGD galegas en Centroamérica e na India
    8 Abril, 2021

    Seguinte nova

    A Guarda foi o concello de Pontevedra coa maior taxa de doazóns de sangue no ano 2020
    9 Abril, 2021

    Tamén te poden gustar

    • O Concello organiza unha exposición para que o alumnado coñeza a herdanza indiana na Guarda
      6 Marzo, 2026
    • Denis Maza presenta o seu novo libro “Al girar la rueda” no Centro Cultural da Guarda
      6 Marzo, 2026
    • A Biblioteca Pública Municipal da Guarda organiza un novo contacontos para o sábado 14
      5 Marzo, 2026

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica
    • Canal de denuncias

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web