(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Muller

    • Inicio
    • Muller
    • A Guarda tínguese de negro contra as violencias

    A Guarda tínguese de negro contra as violencias

    • Publicado por prensa
    • Categorías Muller
    • Date 14 Novembro, 2018
    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), organiza varias actividades para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de Xénero, que se celebra cada ano o 25 de novembro.

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), organiza varias actividades para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de Xénero, que se conmemora cada ano o 25 de novembro.

    Entre as actividades programadas para este ano destacan unha actuación musico-teatral, unha barferencia, un concerto, unha campaña conxunta co comercio local, obradoiros nos centros educativos, e unha concentración pública na Praza do Reló.

    A Guarda en Negro

    As actividades arrancan coa implicación da meirande parte do comercio e empresas do municipio, coa proposta de vestir de loito a vila, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia. Do 19 ao 26 de novembro, as tendas, comercios, empresas, bares, postos do mercados, etc se vestirán de negro, os maniquís, os manteis dos restaurante ou mesmo os empregados e empregadas e empresarios e empresarias tamén vestiranse de negro.

    Porque consideramos que as empresas teñen o protagonismo das rúas da Guarda, e son o gran escaparate que pode transmitir á cidadanía a mensaxe de denuncia e solidariedade: Queremos A Guarda libre de violencia!

    O Concello da Guarda, acaba de sumarse ao protocolo de colaboración para a organización conxunta da campaña de sensibilización En Negro contra as Violencias, no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o vindeiro 25 de novembro, coa que se pretende tinguir de negro as vilas e cidades galegas.

    O Concello da Guarda, acaba de sumarse ao protocolo de colaboración para a organización conxunta da campaña de sensibilización En Negro contra as Violencias, no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o vindeiro 25 de novembro, coa que se pretende tinguir de negro as vilas e cidades galegas.

    O alumnado dos centros educativos participa en obradoiros contra a Violencia de Xénero

    A Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello da Guarda, promoven dende o mes de outubro e ata o próximo mes de decembro o «Proxecto Empatía», cunha serie de obradoiros destinados ao público infantil e xuvenil dentro da campaña do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.

    A actuación inclúe obradoiros de habilidades e relacións sociais destinados á aprendizaxe de relacións respectuosas entre o alumnado. Así, por exemplo, as cativas e cativos poderán aprender a amosar os seus sentimentos, a resolver conflitos de forma pacífica e a valorar a igualdade entre mulleres e homes como eixo central do desenvolvemento humano.

    Con esta actuación, que conta co financiamento da Deputación de Pontevedra, búscase informar, sensibilizar e concienciar sobre a magnitude do problema que supón a violencia de xénero, especialmente entre a mocidade, identificando a forma específica que adopta esta violencia nas súas relacións interpersoais e promovendo posturas de rexeitamento e denuncia activa ante ela, incidindo especialmente no uso axeitado que debe facerse das novas tecnoloxías.

    Máis actividades

    O mércores 21 de novembro ás 12:30h o Centro Cultural acollerá unha actuación lúdico-musical con perspectiva de xénero do grupo de teatro Chévere “I´ll be Watching You” II (Hei estar vixiándote II). Espectáculo lúdico-musical e pedagóxico que analiza os roles de xénero que transmiten as cancións de temática amorosa.

    Montse Fajardo estará o vindeiro 23 de novembro no Bar Benedictus da Guarda ás 20:30 dentro do ciclo de barferencias coa charla “Invisibles: falamos da violencia machista a través do relato das vítimas”, que xirará entorno ao seu libro Invisibles, relatos do maltrato, que veu a luz en novembro do ano pasado. O libro aborda, a través de sete casos reais, as distintas caras da violencia machista, desde a máis evidente, a do maltrato físico, ata a violencia psicolóxica, intentando amosar como afecta ás crianzas da parella e denunciando as eivas que presentan as institucións á hora de prestar axuda ás vítimas.

    O propio día 25 de novembro e para commemorar o Día Internacional Contra a Violencia de xénero ás 12:00 h na Casa dos Alonso, contarase coa actuación musical de Xardín Desordenado e convidase a toda a cidadanía a tinguir a Praza do Reló de negro, en sinal de rexeitamento de todo tipo de agresións e violencia machista, apoiando ás vítimas e transmitindo as xeracións futuras o respecto á igualdade de mulleres e homes para defender unha sociedade xusta e paritaria.

    Para iso poden acudir con roupa, sombreiros, chuvasqueiros, paraugas…de cor negra.

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), organiza varias actividades para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de Xénero, que se celebra cada ano o 25 de novembro.

    Máis información en www.ennegrocontraasviolencias.gal

    Tag:A Guarda, CIM, igualdade, Violencia de Xénero

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    O escritor Francisco Álvarez «Koki» presenta este venres os seus últimos traballos literarios
    14 Novembro, 2018

    Seguinte nova

    Cinema infantil coa proxección de “Cars” este sábado na Guarda
    15 Novembro, 2018

    Tamén te poden gustar

    • A Guarda Diversa trae actividades para que todas as idades celebren a diversidade LGTBIQA
      24 Xuño, 2025
    • A Guarda presenta un verán cheo de plans
      20 Xuño, 2025
    • Unha obra de teatro trae á Guarda unha historia de mulleres e emigración galega
      16 Maio, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web