A Guarda trae unha proxección da película ‘O Corno’ para este venres 15
O venres 15 de novembro, desfrutaremos dunha das películas galegas con máis sona do 2023, “O Corno”, a gañadora da Concha de Ouro de San Sebastián o ano pasado.
A película de Jaione Camborda lévanos á Illa de Arousa no ano 1971. Alí é coñecida pola súa axuda nos partos de mulleres. Mais tras un inesperado suceso vese na obriga de fuxir e comeza unha perigosa travesía pola supervivencia. En busca da liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das ruta de contrabando entre Galicia e Portugal.
Esta proxección inclúese dentro da programación da Guarda para o 25-N, día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A película dará comezo o venres 15 de novembro ás 20:30 horas no Centro Cultural.
Conta co financiamento do VII Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.