(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • A Guarda valora positivamente a calidade e afluencia nos diferentes eventos realizados durante o verán 2018

    A Guarda valora positivamente a calidade e afluencia nos diferentes eventos realizados durante o verán 2018

    • Publicado por prensa
    • Categorías Cultura
    • Date 12 Setembro, 2018
    Dende a Concellería de Cultura faise unha valoración moi positiva das diferentes actividades e eventos do Verán Guardés 2018.

    Dende a Concellería de Cultura faise unha valoración moi positiva das diferentes actividades e eventos do Verán Guardés 2018.

    Entre as actividades e eventos organizados dende Concello da Guarda, cabe destacar a IV Edición de Noites no Castelo, cunha masiva afluencia de público ó Castelo de Santa Cruz, gozando dos Concertos de música tradicional galega a cargo dos grupos Ardentía e Milladoiro(estes últimos dentro do Programa da Deputación Musigal 2018).

    Dende a Concellería de Cultura faise unha valoración moi positiva das diferentes actividades e eventos do Verán Guardés 2018.

    Dende a Concellería de Cultura faise unha valoración moi positiva das diferentes actividades e eventos do Verán Guardés 2018.

    Outro dos eventos musicais salientable deste verán foi o Música nas Prazas, que tiveron como citas o Concerto de Liquen na Praza de Salcidos, Bieitosolo na Praza de San Amaro e Pepe Vaamonde na Praza do Reló, congregando de igual xeito a un bo número de asistentes nestes espazos públicos.

    Tamén o público familiar desfrutou con Sabooor, un espectáculo infantil que se realizou en Xullo no Auditorio San Benito. As Visitas Teatralizadas foron de novo un éxito deste verán guardés, asistindo de media máis de 70 persoas a cada unha das 7 citas realizadas os xoves de Xullo e Agosto a cargo da compañía de teatro “Os Quinquilláns”, conseguindo facer as delicias do público.

    Este ano como novidade, ofertouse o Cinema de Verán, tres citas co cinema para as familias na Praza do Reló e tamén na mesma praza tivemos a sorte de contar coa música de Uxía, dentro do Programa da Deputación Violencia Zero e tamén os Concertos de Magín Blanco e Najla Shami a través do programa Vive o Camiño da Xunta de Galicia.

    Dende a Concellería de Cultura faise unha valoración moi positiva das diferentes actividades e eventos do Verán Guardés 2018. Dende a Concellería de Cultura faise unha valoración moi positiva das diferentes actividades e eventos do Verán Guardés 2018.

    Pero non só foron eventos organizados polo Concello os que tiveron un gran éxito de público este verán, as asociacións guardesas, que traballan a reo durante todo o ano, organizaron tamén eventos diversos e para todos os públicos en diferentes espazos do municipio. Na música tradicional destacan o Encontro dos Pobos, o Festival Folclórico Luso Galaico, o Serán da Guía, o Solsticio de Verán, entre outros. O mundo da danza quedou representado cos festivais de Baile Moderno e Danza organizados por Xamaraina, Ballet Studio 88 e Do-Majó.

    A Guarda contou unha vez máis con eventos musicais e concertos de apoio á música local e rock, como o Mercado da música, o Rock Guardés, o Son do Tegra e eventos como a II Mostra C.D Baixo Miño e o Galifornia Beat IV, que tendo como principal actividade as probas de skate, mesturan outras probas deportivas, arte urbana e música nun evento multicultural.

    Sen esquecernos do Festival de Bandas e as diferentes mostras musicais que organizou a Agrupación Musical da Guarda ao longo deste verán.

    Este ano ademais se uniron ó verán guardés eventos musicais novos, como a I Festa da Xuventude, o Interlude Fest e o Sons da Guarda.

    Dende a Concellería de Cultura faise unha valoración moi positiva das diferentes actividades e eventos do Verán Guardés 2018. Dende a Concellería de Cultura faise unha valoración moi positiva das diferentes actividades e eventos do Verán Guardés 2018.

    Tamén para os nosos maiores, organizouse por parte do Club da Terceira Idade da Guarda a Festa dos Avós e todos gozaron e participaron das Festas Patronais que cada ano diferentes Comisións de Festas organizan na Guarda: as Festas de San Antonio, a Festa Castrexa, as Festas do Carmen, as Festas de San Queitano, as nosas Festas do Monte e tamén das Misas e Procesións de San Roque e Virxe da Guía. Ademais neste último tramo de verán, en Setembro poderemos desfrutar da Romería de Santa Trega e das Festas das Mercedes, que este ano celebran o seu centenario cunha ampla programación de actividades.

    En canto á gastronomía durante o verán caben destacar a Festa da Langosta e a Festa do Peixe Espada que na Carpa do Porto da Guarda reuniron a milleiros de persoas, tendo este ano un considerable aumento de comensais e propoñendo ó público eventos musicais e deportivos como Mitic o Espectáculo ou Concerto de BSO da Agrupación Musical da Guarda a Travesía a Nado e o Campionato de Inclusivo de Motonáutica, que encheron o Porto da Guarda. Destacaron tamén a Festa do Percebe ou a Festa do Mexilón, reunindo a moitos comensais na Alameda da Guarda.

    E por suposto contamos tamén con actividades culturais relacionadas co mundo literario. Destacan o XXXII Certame de Poesía “Feliciano Rolán” organizado pola Agrupación Cultural Guardesa; a Presentación do libro “Hospital Casa Asilo da Guarda. Centenario de una Institución Benéfica nacida en Puerto Rico” de Miguel Villa e “El Abrazo del Sauce” de May Ferreira, finalista do Premio Planeta, sen esquecernos de “Na Sombra do Tregra” coordinado por F.Álvarez Koki e Deputación de Pontevedra, tendo unha gran acollida de público ámbolos catro.

    En canto á exposicións, destacamos a Exposición organizada polo Concello da Guarda “Así Somos” na Casa dos Alonsos, cunha gran afluencia de público asistente ademais de facer obradoiros dentro da propia exposición no que participaron dous asociacións da Guarda:Redeiras do Baixo Miño Atalaia e Asociación de Alfombras da Guarda, esta última Asociación foron os encargados de decorar as rúas guardesas na Festividade do Santísimo no mes de Xuño. Ademais foron varias as Exposicións que houbo no Centro Cultural este verán.”Cambia de Perspectiva” de Pablo Lubiáns;”Faros de Galicia” de Carlos Ramos Fernández;”Trieb” de Jesús Rodríguez Ortiz e “Raíces Celtas en la Amazonía Venezolana” de Oscar Noya Alarcón.

    Dende a Concellería de Cultura faise unha valoración moi positiva das diferentes actividades e eventos do Verán Guardés 2018. Dende a Concellería de Cultura faise unha valoración moi positiva das diferentes actividades e eventos do Verán Guardés 2018.

    Tamén durante este verán o Museo do Mar, acolleu a Exposición promovida dende a Deputación de Pontevedra “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” unha interesante iniciativa que pretende amosar o traballo da muller no mundo do mar.

    A Concellería de Cultura da Guarda colaborou en todos os eventos organizados polo amplo tecido asociativo existente no municipio e quere agradecer de xeito moi especial ós traballadores dos Departamentos de Cultura, Turismo e Prensa así como tamén ó traballo incansable dos operarios de rúa, que sen eles sería imposible coordinar e levar a cabo todos estes eventos. Do mesmo xeito queremos agradecer a toda a vila da Guarda o seu apoio e agarimoso aplauso a tódalas iniciativas que durante este verán se levaron a cabo na nosa vila.

    Tag:A Guarda, concertos, cultura, Exposicións, Festas, Música, verán

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    As Festas das Mercedes celebran o seu centenario cunha ampla programación de actividades
    12 Setembro, 2018

    Seguinte nova

    A II Mostra asociativa e a Festa das Mercedes, principais atractivos desta fin de semana na Guarda
    13 Setembro, 2018

    Tamén te poden gustar

    • Novo contacontos do CEIP As Solanas na biblioteca municipal
      18 Febreiro, 2026
    • O desfile escolar de Entroido ten nova data: 20 de febreiro
      13 Febreiro, 2026
    • Adiado o desfile escolar de Entroido pola previsión meteorolóxica
      9 Febreiro, 2026

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica
    • Canal de denuncias

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web