A obra “Hugo” para público familiar visibiliza o autismo cunha tenra historia sobre a amizade
- A obra representarase o 11 de novembro na Guarda, dentro do programa Tornar as Táboas da Deputación de Pontevedra
Hugo é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústanlle falar e as plantas. Hugo ten TEA. A máis recente creación da compañía Os náufragos teatro aborda o tema do trastorno do espectro autista na infancia, cunha peza chea de sensibilidade e empatía que fala da da diversidade, da convivencia e da beleza de sermos diferentes. A peza está dirixida polo dramaturgo Gustavo del Río e o texto foi creado co asesoramento e colaboración de ASPERGA, a asociación galega de síndrome de Asperger. Destaca en toda a obra a coidada factura nos decorados, na ambientación ,na iluminación, conferíndolle a historia unha ternura e beleza que sen dúbida fará as delicias do público familiar da Guarda.
Esta será a proposta teatral para gozar en familia na tarde do sábado 11 de novembro ás 18h. No Centro Cultural da Guarda. A función forma parte do programa de Deputación de Pontevedra Tornar as táboas, gracias a cal ofertase dende o ente provincial unha función teatral a cada concello galego.
A entrada é de balde e non precisa de reserva previa.