A oficina do ORAL da Guarda permanecerá pechada durante a vindeira semana por renovacións
A oficina do ORAL da Guarda permanecerá pechada durante a vindeira semana para realizar obras de instalación de equipamentos e rehabilitación.
Aínda que a atención presencial queda suspendida ata o luns 7 de outubro, pode ser atendido a través dos números telefónicos 886 211 400 ou 886 211 420. Para unha atención de xeito presencial deixamos o horario das oficinas do Baixo Miño:
- O Rosal: oficina auxiliar, martes e xoves de 9:00 a 13:30 horas no edificio do Concello
- Tomiño: oficina auxiliar, mércores de 9:00 a 13:30 horas no edificio do Concello
- Tui: oficina, de luna a venres de 9:00 a 4:00 horas na rúa do Rosal, 1.