A Omix da Guarda e Érguete Baixo Miño lanzan unha campaña de prevención e sensibilización sobre o consumo de sustancias na poboación xove
A Concellería de Xuventude do Concello da Guarda en coordinación coa Asociación Érguete Baixo Miño lanzan unha Campaña de sensibilización sobre o consumo de sustancias na poboación xove, principalmente, do municipio.
O principal obxectivo da campaña é presentar á poboación moza do municipio unha visión realista das consecuencias do consumo de certas sustancias, sen criminalización das mesmas, únicamente facilitando información e ferramentas que axuden de cara á prevención e o coidado da saúde.
Trátanse dunha serie de tres vídeos curtos, cun formato de animación e duración que resulta atractivo para a poboación diana e que permite unha difusión rápida e eficaz a través das redes sociais.
O contido dos vídeos abarca a problemática do consumo abusivo a través dun enfoque de redución de riscos respecto ás seguintes sustancias: alcohol, cannabis e cocaína, ao mesmo tempo que busca desmitificar certas pautas ou comportamentos de consumo.
O Concello contou para a elaboración do material da campaña coa Asociación Érguete Baixo miño, entidade que traballa no ámbito da prevención, educación e promoción da saúde tanto no noso municipio como na comarca. Os vídeos compartiranse en redes, web municipal, medios de comunicación e faranse chegar tamén aos centros educativos, coa intención de que cheguen ao maior número de persoas posible e tamén se utilicen como ferramenta de información e traballo, para entidades, familias, grupos etc.
Animamos a difundir os vídeos e así tecer unha rede que axude á importante labor do coidado da saúde.
• Video alcohol:
• Video cannabis:
• Video cocaína: