A OMIX da Guarda oferta dúas novas actividades en novembro
A OMIX da Guarda oferta dúas novas actividades para este mes de novembro que consistirán nunha xornada de Micoloxía e un Obradoiro para personalizar axendas.
XORNADA DE MICOLOXÍA
A xornada de micoloxía terá lugar o vindeiro sábado día 17 de novembro de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 18:00h e consistirá nunha formación a cargo da Asociación medioambiental A Jalleira. Pola mañá será a parte de formación e guía e pola tarde sairase ao monte para a procura de exemplares.
A participación será sempre previa inscrición na OMIX da Guarda informacion@aguarda.es
OBRADOIRO PERSONALIZA A TÚA AXENDA 2019
Obradoiro para crear e personalizar a túa propia axenda do ano 2019, unha actividade que combina a creatividade, o lúdico e tamén as técnicas de “DIY” faino tí mesmo/a. Actividade na que pode participar toda persoa que queira ter a súa propia axenda diferente e feita por sí mesmo.
O Obradoiro terá lugar o venres día 23 de novembro en horario de 19:00h as 21:30h na Casa dos Alonso
Inscricións a través da OMIX da Guarda informacion@aguarda.es
Tag:A Guarda, Micoloxía, Obradoiros, OMIX, Xuventude