A OMIX organiza un obradoiro de costura para principiantes
A OMIX do Concello da Guarda lanza o obradoiro para principiantes “Non sei coser nin un botón” para achegarse ao mundo da costura sinxela.
As persoas participantes aprenderán os principios básicos para aplicar á vida diaria: arranxar descosidos con diferentes puntadas, coller baixos a saias e pantalóns, amañar rotos de forma creativa, coser botóns e trucos para o upcycling.
O obradoiro impartirase os sábados 22 de febreiro e 1 de marzo de 10:30 a 13:00 horas e todos os materias necesarios proporcionaranse alí mesmo. Ao remate do obradoiro, cada participante poderá levarse o seu propio bolsiño, carteira ou funda de gafas.
Para inscribirse, hai que mandar un correo electrónico a informacion@aguarda.es