(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Cultura

    • Inicio
    • Cultura
    • A poeta Rosalía de Castro protagonista na Guarda nunha semana con diferentes actividades

    A poeta Rosalía de Castro protagonista na Guarda nunha semana con diferentes actividades

    • Publicado por Concello
    • Categorías Cultura
    • Date 19 Febreiro, 2016

    O Concello quere conmemorar xunto cos seus veciños e veciñas a data do seu nacemento. Os nenos e nenas dos centros escolares da vila traballan nas iniciativas.

    O Concello da Guarda quere conmemorar, xunto con todos os seus veciños e veciñas da vila, o 179 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Para iso teñen programada a “Semana por Rosalía” que será dende o 22 de febreiro ata o 28.

    “Cada día un poema”, será a iniciativa que abarque toda a semana. O Concello da Guarda quere que todos os veciños e veciñas da vila colguen cada día, nas súas redes sociais, imaxes, poemas ou datos da biografía de Rosalía de Castro para facer unha pequena homenaxe a súa figura e aprender máis sobre a súa vida.
    Nesta iniciativa participarán os diferentes perfiles que o Concello da Guarda ten nas redes sociais.

    Ademais durante toda a semana aos usuarios da Biblioteca Municipal se lle agasallará un marcapáxinas conmemorativo de Rosalía de Castro.

    O mércores 24 de febreiro terá lugar a “Marcha por Rosalía”, na que participarán todos os colexios de educación primaria da Guarda. Nela os participantes sairán dende o seu centro a pé portando un distintivo conmemorativo e se concentraran todos na Praza do Reló. Alí se lerá un manifesto para por en valor a figura de Rosalía de Castro e ademais se cantará a canción do poema “Adios ríos, adios fontes”. Por último se lerá un poema conxunto nas voces dos rapaces e rapazas dos distintos colexios.
    O obxectivo desta marcha é por en valor a figura de Rosalía no eido dos máis cativos.

    O xoves, 25 de febreiro se pintará o “Mural para Rosalía”. Coa colaboración dos centros de Educación Secundaria guardeses se fará un mural para que a figura desta gran poeta galega quede latente durante todo o ano na vila da Guarda.

    O sábado, 27 de febreiro, haberá actividades tanto para os pequenos coma para os maiores. Así pola mañá haberá unha sesión especial de “Contos Contados”. Dentro deste ciclo que se celebra cada mes na Biblioteca Municipal e que ten unha gran afluencia de público, o Concello da Guarda non quería deixar de celebrar o día de Rosalía. Así, este sábado, os nenos escoitaran verbas dos seus poemas e ademais traballarán nun obradoiro sobre a súa figura.

    Pola tarde-noite, no Centro Cultural haberá un evento para por en valor tanto a biografía como a obra da nosa autora galega máis recoñecida. O veciño guardés Manuel Cadilla Rey, coñecido como “Maruxo” será o encargado de recitar algún dos seus poemas e grupos coma “Carainas”, “Ghaiteiros do Carreiro” e “Tremelique”, da Agrupación Cultural Guardesa serán os encargados de pór a música a este acto.
    O evento será presentado por Betty Rey e comezará ás 20,30 horas.

    O Concello da Guarda quere convidar a todos os veciños e veciñas da Guarda a participar nas diferentes iniciativas programadas e a conmemorar todos xuntos o nacemento de Rosalía de Castro.

    • Compartir:
    Concello

    Anterior nova

    Gran recepción real na Casa dos Alonsos
    19 Febreiro, 2016

    Seguinte nova

    A FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA DA GUARDA REPARTE UNS 500 KILOS DE ESTE PREZADO MARISCO
    6 Xullo, 2015

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web