A reforma da pista do Centro Cultural xa está rematada
A pista de baloncesto do Centro Cultural presentaba un deterioro moi importante e que o Concello da Guarda acaba de reformar.
A petición chegou por parte do Club de Baloncesto BMB para mellorar o estado da pista. Tras unha inversión de 17.000€. renováronse as canastras, a pista e as gradas. Esta é a primeira fase para unha mellora e acondicionamento das zonas de ocio e deporte do exterior do Centro Cultural.