A SEMANA: Descubre todas as actividades desta semana
Traémovos recompiladas as actividades que se van desenvolver de luns a xoves esta semana na Guarda para que non te perdas ningunha.
MARTES 17:
- Audición itinerante de gaita: a partir das 17:00h pola Alameda, praza Avelino Vicente e pola praza do Reló
- Presentación do libro “Postais ilustradas do Concello da Guarda ata 1940″: ás 20:00h no Salón de Plenos do Concello
MÉRCORES 18:
- Concerto de clarinate, saxofón e piano: ás 18:00h no Conservatorio de Música da Guarda
- Presentación do libro “Lección aprendida, recluta muerto: ás 20:30h no Salón de Plenos do Concello
XOVES 19:
- Festa Miudiña: pola mañá na Fortaleza de Santa Cruz para alumnado de Infantil e Primaria
- Concerto do conservatorio de fin de curso: ás 20:00h no Centro Cultural
Recordade que o venres, actualizamos as actividades de fin de semana (venres, sábado e domingo) nas nosas redes sociais. Estade atentos ás redes e á web para máis novidades.