A TVG gravará un vídeo para emitir o día das badaladas
A Guarda volve atraer ás cámaras. Esta vez, a TVG (Televisión de Galicia) virá a gravar un vídeo para emitir durante o programa das Badaladas da TVG, o próximo 31 de decembro, como exemplo dunha iniciativa de unión veciñal. Trátase dunha escena onde os veciños da Guarda celebran toda a axuda que recibiron para o concurso “Xuntos Brillamos máis” e convidan á xente a visitar A Guarda.
Por iso, convocamos a toda a veciñanza a reunirse no muelle alto do porto mañá, 10 de decembro, ás 15:30h para mostrar a unión e ilusión veciñal da que a TVG se quere facer eco.



