A V Mostra Asociativa reuniu o traballo de moitas asociacións guardesas
Durante a tarde do sábado celebrouse na Praza Avelino Vicente a V Mostra Asociativa. Asociacións de diferentes tipos: deportivas, solidarias, culturais…mostraron parte do seu traballo exposto, tamén coa realización de actividades.
Ademais, a OMIX organizou un skeirrum que levou aos participantes a coñecer os diferentes stands e leváronse unha bolsa como agasallo.
Para rematar, a Asociación Folklórika Vento Mareiro actuou e bailou. Despois, Bieito Solo deu un concerto para pechar esta edición da mostra asociativa.
Moitas grazas a todas as asociacións que participaron:
– Acougo
– Asociación Folklórika Vento Mareiro
– Asociación Cultural das Alfombras da Guarda
– Asociación Traxe Galego da Guarda
– Asociación San Xerome
– Avelaíña
– A Guarda Hockey Liña
– Asociación San Vicente de Paúl
– ANABAM
– Asociación A Guía
– Asociación Érguete Baixo Miño
– Club Baixo Miño Basket
– Club Remo Robaleira
– Cruz Vermella
– Fibromiño
– Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa
– Transmiño
Agardamos veros para o ano!