(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Turismo

    • Inicio
    • Turismo
    • A V MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS PRESENTA UN PROGRAMA REPLETO DE EXPOSICIÓNS, OBRADOIROS, MÚSICA E GASTRONOMÍA

    A V MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS PRESENTA UN PROGRAMA REPLETO DE EXPOSICIÓNS, OBRADOIROS, MÚSICA E GASTRONOMÍA

    • Publicado por Concello
    • Categorías Turismo
    • Date 22 Xullo, 2015

    Esta edición da mostra rende homenaxe ós “Gameleiros”

     

    A “V Mostra das Tradicións Mariñeiras”, organizada pola Asociación de Redeiras Atalaia e o Concello da Guarda, que se celebra esta fin de semana na localidade, rende homenaxe ó traballo dos “Gameleiros”. Como en edicións anteriores, o lugar de celebración é o Porto da localidade, e a súa programación está chea de actividades para todos os públicos.

    Tanto o venres, coma o sábado, e tamén o domingo, estarán abertas varias exposicións. O Museo do Mar, terá aberta a exposición permanente e ademais se ofrecerá unha mostra de diferentes embarcacións tradicionais, entre as que destacarán, por exemplo, a “masseira ancorense” ou a gamela adaptada guardesa.

    Na carpa haberá dúas exposicións fotográficas. A primeira delas leva por nome “Gameleiros” e as imaxes son dos autores Miro Villar e Manuel Álvarez. A outra, da man de Aurora Rego, presenta as instantáneas que forman a colección “Familia de pescadores de ascendencia galega”. Neste recinto tamén estará instalada unha taberna mariñeira e será o espazo no que se leven a cabo os diferentes obradoiros.

    Diversos colectivos guardeses tamén presentan exposicións na nave das redeiras. Así poderá distinguirse unha de Anabam, outra de CEMMA e tamén do traxe mariñeiro.

    Durante os tres días tamén estará colocado un mercado mariñeiro na rúa do Porto que ofrecerá diferentes produtos en diversos stands.
    Para os nenos e nenas haberá xogos populares organizados por ALTEGA Educación e Lecer, ademais de piscina para actividades lúdicas ou un concurso de barcos de papel, entre outras actividades.

    Os obradoiros e as actuacións musicais diferéncianse por días. Así, mentres os talleres de cerámica, cestería, nós, cordería ou encascado, estarán abertos á participación do público tanto o venres, coma o sábado e o domingo, o obradoiro de foguetes de auga só se realizará o sábado, día 25, pola tarde.

    Pola súa banda, o obradoiro de cociña “Ponlle as pilas ó teu bocata” promovido pola Xunta, celebrarase o domingo, dende as 19 horas. As prazas para esta actividade son limitadas polo que os rapaces, entre 4 e 14 anos, deben facer unha inscrición previa.

    Os eventos pola noite serán moi variados. Así, o venres, ás 21 horas, terá lugar a “Revista Oral” presentada por Paco Lodeiro, que explicará as diferentes tradicións mariñeiras ó público.
    O sábado, dende as 22,30 horas, dará comezo o “Serán Mariñeiro” no que participarán varios grupos de folclore.
    Os encargados de pechar as noites desta “V Mostra das Tradicións Mariñeiras” serán os compoñentes do grupo “Pelepau”, que comezarán a súa actuación o domingo a partir das 21 horas.

    • Compartir:
    Concello

    Anterior nova

    Concentración no día de hoxe, ás 12h. na Praza do Reló
    22 Xullo, 2015

    Seguinte nova

    Aprazada a conferencia organizada por Érguete Baixo Miño para mañá venres
    28 Xaneiro, 2016

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web