(+34) 986 610 000
(+34) 986 610 283
alcaldia@aguarda.es
Praza do Reló 1, A Guarda, CP 36780
Login
No apps configured. Please contact your administrator.

Entrar coa sua conta

No apps configured. Please contact your administrator.
Perdeu o seu contrasinal?

  • Galego
  • Inglés
Concello da GuardaConcello da Guarda
  • Buscar

    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal
    • Organización municipal
      • Saúdo do Alcalde
      • Xunta de Goberno
      • Comisións informativas
        • Comisión especial de contas
        • Comisión de asuntos plenarios
        • Comisión de urbanismo
      • Equipo de Goberno
      • Corporación Municipal
      • Actas de pleno
      • Actas de Xunta de Goberno Local
      • Identidade visual corporativa
    • Normativa municipal
      • Ordenanzas xerais
      • Ordenanzas fiscais
      • Regulamentos
      • Calendario contribuínte
      • Cartas de pagamento
    • Servizos municipais
      • Aula Cemit
      • Cultura
      • Deporte
      • Educación
      • Escola Infantil
      • Patrimonio
      • Policía Local
      • Servizos sociais
      • Urbanismo
      • Vías e Obras
      • Xuventude (OMIX)
      • Mercado municipal
    • Outros Servizos
      • ITV na Guarda
      • Farmacia de garda
      • Renovación DNI
      • Asociacións – Rexistro municipal

    Xerais

    • Inicio
    • Xerais
    • A Xunta deixa incomunicado ao Baixo Miño ao non incluílo no transporte metropolitano

    A Xunta deixa incomunicado ao Baixo Miño ao non incluílo no transporte metropolitano

    • Publicado por prensa
    • Categorías Xerais
    • Date 26 Xuño, 2020

    A Mancomunidade Intermunicipal alerta de que suporá un importante deterioro no servizo e que illará á comarca da súa area sanitaria de referencia.

    A decisión da Xunta de Galicia de non incluír ao Baixo Miño no transporte metropolitano da área de Vigo causará importantes prexuízos aos veciños e veciñas da comarca. Os alcaldes e alcaldesas da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, formada pola Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, lamentan esta decisión e alertan de que “suporá un importante deterioro dun servizo fundamental nunha contorna rural cun alto índice de poboación envellecida”.

    Esta exclusión da comarca do Plan de Transporte Metropolitano reduce de forma importante as frecuencias horarias, eliminando as existentes entre as 09.00 e as 12.00 horas, e deixa ao Baixo Miño incomunicado e illado da súa área sanitaria de referencia, Vigo, así como do campus da Universidade de Vigo. Unha situación que tamén repercutirá negativamente na economía de toda a veciñanza da comarca, xa que ao quedar fóra do transporte metropolitano non poderán beneficiarse das tarifas bonificadas, dos diferentes descontos ou da posibilidade de facer transbordo.

    O pasado verán a Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño xa deu resposta á esta precarización do transporte e interpuxo de forma conxunta alegacións ao anteproxecto do Plan de Transporte Metropolitano presentado pola Xunta, dando resposta a todas as eivas detectadas no servizo en caso de aplicación. Nestas alegacións incluíase tamén o deseño das liñas concretas coa Universidade ou a área sanitaria ou as liñas circulares entre os núcleos dos para poder trasladar ao goberno autonómico solucións concretas e acordes ás necesidades dos concellos do Baixo Miño. Os rexedores e rexedoras da comarca piden á Xunta “que atenda a todas estas demandas que foron claramente especificadas nas alegacións que presentou o conxunto da Mancomunidade”.

    Os rexedores e rexedoras dos concellos do Baixo Miño consideran un agravio que a Xunta non inclúa aos concellos da comarca nunha rede de transporte metropolitano do que si forman parte Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, O Porriño, Pazos de Borbén, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Soutomaior. “En lugar de aproveitar a oportunidade e apostar polo servizo público o que se está a facer é precarizalo, co que terá menos viaxeiros e resultará cada vez menos rendible”, salientan.

    Tag:A Guarda, mancomunidade, Mobilidade, transporte metropolitano

    • Compartir:
    prensa

    Anterior nova

    A Guarda contrata a 10 desempregados ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra
    26 Xuño, 2020

    Seguinte nova

    Publicado o listado de admitidos/as na Escola Infantil Municipal
    26 Xuño, 2020

    Tamén te poden gustar

    • Música para celebrar a Festa dos Avós na Guarda este domingo
      15 Xullo, 2025
    • Convocatoria de minuto de silencio contra os crimes machistas en Galicia
      17 Xuño, 2025
    • Convócase un pleno extraordinario urxente para este martes
      9 Xuño, 2025

    Buscar

    Categorías

    • Cultura
    • Deporte
    • Desenvolvemento local
    • Educación
    • Educación familiar
    • Escola Infantil
    • Medio ambiente
    • Muller
    • Novas tecnoloxías
    • Outras
    • Patrimonio
    • Policía local
    • Sen categoría
    • Servizos sociais
    • Turismo
    • Urbanismo
    • Vías e obras
    • Xerais
    • Xuventude
    • | Novas Destacadas
    • | Perfil do contratante
      • Adxudicacións definitivas
      • Adxudicacións provisionais
      • Anuncios de licitacións
      • Mesas de contratación
      • Pregos de contratación

    Rebulindo

    • Móvete
    • Lemos Xuntos?
    • Dalle ó Play
    • Coñece a vila!
    • A vida é xogo
    • Acion!
    Logo Concello de A Guarda

    (+34) 986 610 000

    (+34) 986 610 283

    alcaldia@aguarda.es

    APP MOBIL

    Podes descargar a aplicación oficial do concello de A Guarda para:

    Aplicación de A Guarda para IOS
    Aplicación de A Guarda para Android

    Concello

    • Diríxete ao alcalde
    • Horarios de Interese
    • Sede Electrónica

    Información

    • Asociacións – Rexistro municipal
    • Teléfonos de Interese
    • Farmacia de garda

    Recomendado

    • Axenda
    • Novas

    © A Guarda 2017 Todos os dereitos reservados

    • Aviso legal
    • Política de cookies
    • Política de privacidade
    • mapa web